A literatura galega está nun momento doce. Hai unha ampla e atractiva oferta de libros que están a conectar co público. Hoxe, dende o blog de Sousas, queremos recomendarvos libros galegos para que desconectedes como é debido nas vosas vacacións.
Hai moitos máis e de moitísima calidade, non tedes máis que entrar nunha libraría e botar unha ollada no andel dedicado aos libros galegos. Nós eliximos estes traballos que veredes a continuación para que merquedes e levedes a praia. De seguro que pasaredes un rato estupendo.
“Os nenos da varíola”, de María Solar (Galaxia)
Sen dúbida, é un dos libros deste 2017. María Solar volve sorprender cunha historia desas que enganchan, que te manteñen pegado ao libro. O xeito de narrar desta autora, varias veces premiada, é refrescante e aditivo. “Os nenos da varíola” narra a historia real dos nenos que, a principios do século XIX, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzaron o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un apapel determinante. Recomendadísimo. É un dos libros máis vendidos deste ano.
“Os fillos do lume”, de Pedro Feijóo (Xerais)
E de novo aparece o grande Pedro Feijóo cunha das súas grandes historias. O autor dos éxitos literarios “Os fillos do mar” ou “A memoria da choiva”, volve ás librarías con “Os fillos do lume”, un traballo que xa é unha das sensacións deste ano. O libro ten Vigo como escenario e rescata de xeito brillante a memoria da cidade. Regresan os personaxes de “Os fillos do mar” para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación. Non a perdades.
‘Querido H.P. Lovecraft’, Antonio M. Fraga (Urco Editora)
Con este traballo, Antonio M. Fraga conseguiu o Premio Antón Risco de Novela Fantástica e non nos extraña. Trátase dunha novela epistolar, que ten como vehículo a relación postal que Robert Ervin Howard -un dos máis grandes autores da literatura pulp e pai de personaxes inmortais como Conan o Bárbaro, Kull o Conquistador, Solomon Kane, Bran Mak Morn ou Red Sonya- mantiña con Howard Philip Lovecraft e outros escritores como Clark Aston Smith e Edgar Hoffman Price, no que se coñeceu como Círculo de Lovecraft.
“Galería de saldos”, de Diego Giráldez (Xerais)
É un dos libros más recomendados pola crítica dos últimos tempos. O lectorado da revista “Fervenzas literarias” elexiuno como o segundo mellor libro de narrativa galega de 2016 e Giráldez foi elixido mellor autor galego do ano. É perfecto para ler na praia porque está conformado por relatos moi curtiños. Relatos apegados a actualidade, duros, pero escritos con moita ironía, nos que sempre hai unha obra de arte ou reproducción polo medio. Ademais, Diego Giráldez posúe un estilo propio que fai deste libro un dos máis aplaudidos recentemente polo público e critica galegos.
“Bestiario do vestiario”, de Martiño Suárez (Autoedición).
Este libro é un exemplo de autoedición que consegue o éxito. Conseguiu meterse nas listas dos máis vendidos e está distribuído por moitas librarías galegas. Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.
“Blues para Moraima”, de Miguel Anxo Fernández (Galaxia)
Foi galardoada co XXXV Premio Blanco Amor. O creador da saga de Frank Soutelo, Miguel Anxo Fernández, escribiu unha novela dun xeito áxil e intelixente, tal e como nos ten acostumados. A obra comeza cun narrador que relata en primeira persoa que o van incinerar e que todo obedece a un plan argallado para amolar a algúns poderosos. Ler a Miguel Anxo Fernández sempre é un pracer e escoitando as ondas do mar bater, o gozo triplícase. Ide a polo libro!
“Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”, de Ledicia Costas (Xerais)
Ledicia Costas é unha das nosas grandes escritoras. Grazas a ela, todos os nenos e nenas de Galicia achegáronse á literatura galega. Bueno, a culpable foi ela e Escarlatina, Esmeraldina,… Este novo traballo, do que todo o mundo fala marabillas, é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible. O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?
A propósito da auga:
A Rebancha do lixo- aquela fonte
Auga, a ti querémoste,
ti es esa nosa aliada,
a más perfecta ferramenta
para nosa permanencia.
Ti ascendes a os ceos
como Deus despois de morto,
ti que te cingues a las nubes,
que caes regando hortos.
Descendendo polos ríos,
sendo a sabia dos vivos,
ti esa forza cal furor
que fai virar os muíños.
Fraguando as enerxías
para alumear os camiños,
que enganchados imos todos
dos teus fermosos dominios.
El era como moi arrotado e que ninguén o enganaba moi doado, de ai que quedara solteiro polo mesmo, non fora o demo que algunha lagarta lle sacara os cartos que lle deixaran seus pais. Así que máis aló dos corenta atopábase so como a unha. El chegáballe abondo o de coidar as cincuenta ovellas que guiaba polo monte a diario por mor da mantenza. Daquela xa facía uns anos, moito antes de que lle impuxeran dende o concello a cota das taxas do lixo, el levaba sempre as súas desfeitas nunha bolsa para ciscalas coma sempre na mesma gabia, a que xa estaba farta de tanta enchenta de merda ceibada o longo de tanto tempo. Alí había xa de todo, cousa que outros aproveitando o seu, deixando tamén alegremente con liberdade a súa, que cando lles parecía máis oportuno, botaba man da carreta. El endexamais collera de bo agrado aquilo de poñela no contedor que tiña preto da súa casa, todo o que carrexaba para o monte. O mesmo lle daba ciscar un fouciño vello, que un paraugas desgaxado, como unha pila de ladrillos esmagados, ferros, caldeiros, a bicicleta rota, ou os zapatos que xa non lle valían. De xeito que aquilo fora medrando desproporcionadamente sen xeito e case que con dereito absoluto do persoeiro; e aínda que fora advertido do que lle podería caer se seguía con aquela manía, el fixo o caso dos bobos. Así que sistematicamente e na contra de todo normativa establecida polo concello, pasaba olimpicamente do tema, e como onde aparcaba todo aquilo era como terra de ninguén, posto que os donos das mesmas vivían por terras afastadas, que mellor. Pero pasa a veces que un pode dar co dono do burro, e que o que non pasou ata o de agora, pode pasar xa. Así que aquel día ía a marcar no tempo ese algo para facelo diferente para Servando, por moi arroutado que fose. Facía pouco que as comunidades autónomas facilitáranselles as ferramentas axeitadas para coller os que lixeiramente facían o que lles petaba, así pois aqueles gardas de monte ían de patrulla como tódolos días, pero desta feita levaban xa aquela cámara adaptada o todo terreo para cando eles quixeran deixaran inmortalizado a quen quixesen oportuno. E mira por onde, foi naqueles intres de achegamento cando Servando ciscaba a bolsa para a gabia facéndoa voar coma se tal paxaro. Eles fóronse achegando moi a modiño ata que estiveron a súa altura para saudalo coa cortesía axeitada.
_Vos días teña vostede ¿ así que de pastor coas abellas? .
_Claro, os que non valemos para outra cousa- puxo o Servando.
_Tenlle que haber de todo no mundo- di o garda o tempo que lle pregunta- ¿e vostede non saberá quen deixa nesta gabia tanta desfeita? .
_¡E eu que ía saber!- expresa o das ovellas como con medo.
_¿Podería achegarse? E que lle temos que amosar unha foto por mor se recoñece a quen esta nela.
_¡Como non!
E cando o pastor da chegado, xa lle di con seguridade.
_¡Ai si, son eu! ¿pero como estou nesta foto?
_Cousas que pasan, e que estamos a estrear este trebello que nos deron na xefatura, así que dixemos, como non lle sacamos unha foto este bo home que esta a espallar desfeitas polos balados. Así que, ímoslla a agasallar, pois nos xa nos quedamos coa copia
¿ Non se decata de feito? Nesta levaba a bolsa na man, pero nesta outra xa a estaba a ciscala.
_¡Me cago no carallo! ¡agora si que a fixen boa! ¡por Deus non me fagan isto!- pídelle o Servando.
_Ou sexa, que vostede ben sabia que estaba facendo mal, pero seguía.
_E que os do concello fanme pagar a recollida, e en protesta eu sigo coma antes.
_Pois por iso vanlle caer fora do peto coma tres mil euros de sanción por porco.
_¿Que me está dicindo? Iso non pode ser, eu non teño tanto carto.
_¡Ten, ten! que vostede ben que presume de cartos polas tabernas. ¡ Pero isto non e todo! vostede vai a recoller todo o que espallou nestes recunchos ata deixalo todo limpo. Pero como no punto limpo do concello so se poden levar un volume o mes. Íraos degraendo pouco a pouco dende a súa casa onde debera levalo todo.
_Pero se eu non teño con que levala- trataba de esvaralo vulto o Servando.
_¡Si que ten! furgoneta e tractor. Nós sabémosllo todo, e non se demore moito que lle pode dar isto ata cos osos na cadea por delito ecolóxico. Así que, vostede verá de como arranxar esta desfeita.
_E que isto non o deixei eu so, aí máis veciños que me axudaron- trata de desculparse o das ovellas.
_Pois delles a brasa ameazando con deixar o clareo os seus nomes, xa verá como dese xeito contribúen a obra.
¡Mandaba carallo! o que se lle viña enriba das costas. Aquilo era como moito para el so, así que tería que botar man dos outros para desfacer aquel enguedello.
Aquele noite, Servando non puido durmir con xeito, pois fora un cotián pesadelo onde moreas de lixo anegaban as portas e fiestras da súa casa impedíndolle saír para fora e cando xa o conseguira case, un contedor puxéraselle diante abrindo e cerrando a súa tapa a velocidade de medo, dicíndolle:
_Sómola túa merda de tantos anos que ti mesmo abandonaches no monte, e agora vimos a afogarte ata sacarche a vida se e mester.
Servando conseguira meterse na corte das ovellas, pero ata estas falábanlle dicíndolle:
_Ponte diante dela, non presumías de seren tan valente diante da xente, que ti pasabas do lixo. Pois faino agora diante del sen medo.
Polo que Servando espertou de súpeto ante aquel especie de ente, ao tempo que se atopaba anegado dun suor pegañento que cheiraba a mesma merda podrecida.
Moi na contra do que pensara pola noite, ata chegou a cavilar se todo aquilo fora unha broma dos axentes e partiren daquelas fotos de merda que non serían para tanto. Pero agora xa pensaba de outro xeito.
Todo aquilo semellaba como un meigallo, así que poría mans a obra de contado para tentar recoller as desfeitas de todo un lustro.
Dende este conto, quixérase salientar de que respiran polos recunchos de sabe onde, varias ducias de Servandos, que fartos de ignorancia, ata se atreven a queimar os montes e obrando de tal xeito sen medo a nada nin a ninguén. Así pois, non estaría por demais de facilitarlles as ferramentas axeitadas a quen competa para que os vixiantes do medio, para que algúns destes eviten que se siga estragando a natureza maila beleza desta terra que os nosos antergos deixaron ben limpa. Que xa fose por obriga da necesidade, foron quen de conservalo libre de porcalladas, pois ai quen non lle importa deixar alegremente unhas neveiras o pe da ribeira dese río, un colchón na veira estrada como se nada. E que ninguén tome nota de isto xa lles vale. Aínda que como estes pensan que o mundo e de todos, encárganse de emporcar a parte que lle toca. Deste xeito, o cambio climático non ten por menos que acontecer, e que se o dono de noso que é este planeta, chegue a enfastiarse, pode que nos mande o carallo a todos sen remedio.
De feito que ata aquela fonte de preto volvérase arisca con Servando, que el cando se achega por mor de beber, ela xa se lle ciscaba rebelde a faciana, escoitando aquel contido dun trobador das contornas.
¿Ti sabes o que e a auga?
reiciño de pouca monta.
por non saber o que es,
nin do que ti es composto.
¿ Ti sabes que o teu corpo
esta recheo de auga?
Ti es coma besta vella
que non acouga deitada.
Sen auga non chegarías
a teren unha fornada,
nin ovellas nin sardiñas
nin caldo na túa casa.
Non me sexas farrapeiro
saca a túa cara de can,
límpame estas desfeitas
se non queres afogar.
El non comezo ría, tal se non fose con el, pero a fonte de repente metéuselle en toda boca que non o deixaba respirar; dicíndolle.
E se non fose por min
¿estaría de pe porcallán?.
Xa dabondo che aguantei
a o longo destes anos,
que se o monte e de todos
non tes dereito a estragalo.
Aquilo meteulle tal medo no corpo, que non puido máis que tomalo en serio e recoller todas desfeitas que ceibara no monte. Recoñecendo que non era quen de dispor do que era de todos, xunto cos animais que vivían ceibos por aqueles paraxes que formaban parte daquel anaco do paraíso galego.
Eladio Bernabé
Pingback: Infusiones relajantes para evitar el insomnio en días de estrés