Aguas de Sousas arranca o 2017 saíndo na tele. Foi no programa «Galicia 4.0», da Televisión de Galicia, que ten como obxectivo promover o tecido empresarial galego e falar de produtos e servizos coa etiqueta ‘made in Galicia’.

Como a innovación e a tecnoloxía desenvolvidas en Galicia poden beneficiar os galegos no día a día? Cal é o proceso de fabricación dos produtos que nos facilitan as tarefas cotiás? Estas son só algunhas das cuestións ás que se pretenden responder en “Galicia 4.0”.

Para falar de Sousas, o programa decidiu convidar a visitar a nosa fábrica a José Manuel Ferreiro Colmenero, un grande verinés de 26 anos, campión europeo de Wushu. Visitou a planta da man dun dos homes máis importantes do noso equipo, Francisco López.

Velaquí tedes o resultado de ese encontro, a partir do muinuto 17:00. Premede nesta ligazón e adiante!